Skip to main content

Arqueoloxía en Monodose

8 de setembro - 19:30h Arqueoloxía en Monodose Aldeas e campesiñado entre o romano e o medieval en Galicia

Neste mes de setembro, o MAPOUR retoma o ciclo de Arqueoloxía en monodose, para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.

O programa é o seguinte:

1 de setembro: "Brandomil romano, unha vila no solpor do Imperio", por Jesús Adelino Gorgoso López

8 de setembro: "Denantes mortos que sinxelos: aldeas e campesiñado na transición do mundo romano ao medieval na Galiza", por Carlos Tejerizo García

15 de setembro: "Arqueoloxía da Alta Idade Media en Galicia: desmontando o mito dun período escuro", por José Carlos Sánchez Pardo

29 de setembro: "Arqueoloxía municipal en Ourense", por José María Eguileta Franco

 

A segunda destas charlas dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose" que ven de organizar o Museo, Carlos Tejerizo García será o relator a cargo de ""Denantes mortos que sinxelos: aldeas e campesiñado na transición do mundo romano ao medieval na Galiza".

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense