Skip to main content

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o verán

Do 1 de xullo ao 30 de setembro do 2025 - 10:00h Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o verán Actividades e exposicións no Museo Liste para o terceiro trimestre do ano

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o terceiro trimestre de 2025, de xullo a setembro.

O programa inclúe información sobre:

As exposicións temporais "Queridos obxectos: nostalxia e sedución" e "Peladas eran, peladas serán...tódalas meigas que andan polo chan".

Os obradoiros "emerxentes". Trátase de que o museo, como lugar de encontro e creador de experiencias que propician a interactividade, traballa con grupos, guiados por educadoras, para mergullarse no tema suxerido a través da contemplación, a manipulación, a construción, a comparativa e a reflexión. As propostas son as seguintes:

"A emoción, un atallo da memoria". A cultura como ferramenta terapéutica.

"Entre culturas: a miña maleta, novos comezos". Intercambio cultural e integrador para persoas inmigrantes.

"Sororidade: irmás máxicas de fío e agulla". Enfoque de xénero na etnografía.

 

Os obradoiros especiais:

"Os sons do traballo"

"Mariano Marcos Abalo: a vida debuxada"

"Bruxuleando"

"Dende as lentes de Castelao"

Por outra banda, as actividades especiais para o verán:

"Misión imposible" e "Asedio"

A programación especial no verán é a "noite branca", o 2 de agosto

A información completa, cos contidos e os horarios, pódese consultar nesta ligazón do Museo Liste