Skip to main content

Concerto do dúo Mallou

14 de xuño - 12:30h Concerto do dúo Mallou Unha celebración máis dentro da programación para conmemorar o Día Internacional dos Museos

"Sesión vermú" a cargo da parella de boirenses formada por Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez. Como eles mesmo se definen, Mallou naceu "como a consecuencia natural dunha viaxe conxunta e individual de ambos dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz: country, blues e soul ata a música galega".

O concerto será no Liceo de Ourense, con entrada de balde ata completar aforo.