Skip to main content

Maruja Mallo. De Galicia ás vangardas do século XX

3 de decembro - 19:00h Maruja Mallo. De Galicia ás vangardas do século XX Ciclo de conferencias que ven homenaxear a esta artista única ao longo do segundo semestre do ano

Ciclo de conferencias dedicado a Maruja Mallo, figura clave das vangardas artísticas do século XX e unha das creadoras máis relevantes da cultura galega e española.

Baixo este título, o ciclo pretende afondar nas múltiples facetas da artista a través da visión de especialistas en diferentes ámbitos. Este será o programa:

- Xoves, 22 de maio

"Maruja Mallo: metade muller, metade marisco"

Proxección do documental homónimo e coloquio

Antón Reixa (Escritor e músico)

- Xoves, 12 de xuño

"Maruja Mallo: a súa conexión permanente con Galicia"

Carme Vidal (Xornalista)

- Mércores, 8 de outubro

"Imaxinarios transatlánticos. Maruja Mallo e o nadal como motivo artístico"

Carmen Gaitán (Científica Titular no Instituto de Historia do CSIC)

- Mércores, 12 de novembro

"Os mares de Maruja Mallo"

Patricia Molins (Museo Reina Sofía. Comisaria da exposición "Maruja Mallo: Máscara y compás" presentada en 2025 no Centro Botín de Santander e no Museo Reina Sofía).

- Mércores, 3 de decembro

"Mortal e deusa. As 14 almas de Maruja Mallo"

José Luis Ferris (Escritor e biógrafo de Maruja Mallo)

 

Entrada libre ata completar aforo.