Skip to main content

Máis alá dos lenzos

18 de maio - 12:00h Máis alá dos lenzos Obradoiro en familia para conmemorar o Día Internacional dos Museos

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.

Os espazos inmersivos, espazos de desenvolvemento artístico, de co-creación e de xogo, son propostas deseñadas a modo de escenografías, que invitan a descubrir e explorar libremente. Están concibidas para ser habitadas, utilizadas e modificadas polas persoas que as transitan.

En Máis aló dos lenzos, as propostas de luz, color e o uso das proxeccións apórtannos coherencia e globalidade, e inspirarán a nenos/as e adultos/as a crear e experimentar con materiais que pouco ou nada teñen que ver cun lenzo en branco.

Está recomendado para nenas e nenos de 4 a 12 anos, acompañadas dunha persoa adulta.

O 24 de maio, haberá dúas quendas: de 17.30 - 19:00 h e de 19:30 - 21:00 h.

Consultar nesta ligazón do museo as condicións para a inscrición previa.