Skip to main content

Resis Festival 2025

10 de maio - 19:00h Resis Festival 2025 Concerto en colaboración coa Asociación cultural AÏS

Participación no festival RESIS, un extraordinario evento artístico iniciado en 2018, que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda con diferentes linguaxes artísticas, e desenvólvese en singulares espazos escénicos, arquitectónicos e naturais da Coruña. O Museo é sede dun dos seus concertos desde o seu inicio. O 2025 acolle o Concerto Liñas de Auga, do Gerhard Quartet, dentro da VIII edición do festival, que neste ano homenaxea aos compositores Wolfgang Rihm e Helmut Lachenmann.

Programa

Liñas de auga (Cuarteto para cordas II)* | Jacobo Gaspar

Cuarteto para cordas | Witold Lutoslawski

Cuarteto para cordas nº8 | Dimitri Shostakovich

*Estrea Absoluta, obra de Encargo do Festival Resis co apoio da Erns von Siemens Fundation

Equipo artístico

Violín | LLUÍS CASTÁN COCHS

Violín| JOEL BARDOLET VILARÓ

Viola | MIQUEL JORDÀ SAÚN

Cello | JESÚS MIRALLES ROGER

Máis información na páxina web do Resis Festival