7 de marzo - 19:00h Intelixencia Artificial e o seu impacto social
No marco das Xornadas de Innovación e Dixitalización para Mozidade (InnovaDavia), coa colaboración do OMIX e o concello de Ribadavia, terá lugar no Museo Etnolóxico unha mesa de debate sobre Intelixencia Artificial e o seu impacto social, coa participación dos ponentes:
Paula Rodríguez Rivera da Universidade de Vigo (campus Ourense) e dous membros de Elitek Soluciones: Jairo Carrera e Nicolás Álvarez.