Skip to main content

Erase unha vez alguén que facía...

Do 1 de febreiro ao 21 de abril do 2025 - 10:30h Erase unha vez alguén que facía... XIII Concurso de Relatos 2025

Museo Liste - Etnográfico de Vigo, XIII Concurso de Relatos 2025 “Erase unha vez alguén que facía...”

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio), o Museo Liste convoca a XIII edición do seu Concurso de Relatos para alumnado de Educación Primaria e E.S.0. O tema elixido este ano, “Érase unha vez alguén que facía...” "propón escribir un relato baseado no: máxico mundo da habelencia artesá. As obras poderán recrear o labor de artesás e artesáns como forma de recuperar a tradición ou presentar creacións máis imaxinativas con protagonistas que mesturen artesanía, invención e fantasía.

Prazo para enviar os vosos relatos ata o 21 de abril.

Bases da convocatoria en: https://museoliste.org/blog