Skip to main content

CURSO "OS TEMAS DA ARTE"

Do 8 de outubro ao 17 de decembro do 2024 - 18:00h CURSO "OS TEMAS DA ARTE" DEUSES E HEROES DA MITOLOXÍA CLÁSICA

Novo curso do ciclo "Os temas da arte": Deuses e heroes da mitoloxía clásica, unha temática na que con afán divulgativo, pero rigoroso, se estudará que son os mitos e a forma particularmente rica que lle deron os gregos, única entre as mitoloxías dos pobos indoeuropeos.

A súa explicación transportaranos nunha viaxe polas palabras, as Belas Artes e a Literatura do mundo occidental, con atención a Galicia e especialmente á Coruña, cos seus museos e paisaxe urbana.

Datas: Martes, do 8 de outubro ao 17 de decembro de 2024 (agás o 3 de decembro).

Horario: 18:00 a 19:00 h

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña

Monitor: Fernando Domènech

Público: Adulto

Prazas: Limitadas, previa inscrición

Prezo: 15,00€ (Amigos Museo 10,00€)

Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

  • Para máis información: teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/actividades/curso-os-temas-da-arte-deuses-e-heroes-da-mitoloxia-clasica

Programación:

8 de outubro - Sesión 1: Introdución. Definición de mito e as súas interpretacións. Características da Mitoloxía grega e as súas fontes.

15 de outubro - Sesión 2: Do Caos ao nacemento dos Olímpicos.

22 de outubro - Sesión 3: O poder supremo: Zeus e Hera.

29 de outubro - Sesión 4: A terra, o mar e o ceo: deusas da fertilidade, Poseidón, astros divinizados.

5 de novembro - Sesión 5: O reino de Hades e dous deuses "colaboradores": Hermes e Ares.

12 de novembro - Sesión 6: As deusas virxes. O amor: Afrodita e Eros.

19 de novembro - Sesión 7: Unha aparente rivalidade: Apolo e Dioniso.

26 de novembro - Sesión 8: Orixe mitolóxica da humanidade. Divindades colectivas.

10 de decembro - Sesión 9: Heroínas e heroes: a inquietante Fedra, o noso Hércules.

17 de decembro - Sesión 10: Roteiro mitolóxico virtual pola Coruña.