18 de maio - 12:00h Tecnoloxía da prehistoria na Idade do Bronce Obradoiro de arqueoloxía para conmemorar do Día Internacional dos Museos 2024
O Museopresenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural.
O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar o público sobre o feito de que «os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos».
Dentro da programación, e para subliñar este obxectivo, programaron este Obradoiro de Arqueoloxía experimental. Viaxe á vida cotiá da Idade do Bronce, para dar a coñecer a cultura material desa época e os seus procesos tecnolóxicos.
Actividade gratuita. No recinto do Claustro de San Francisco
Hai un obradoiro ás 12h. e outro as 18h.
A inscrición pode facerse no teléfono 988 788 439