Do 10 de maio ao 25 de maio do 2024 - 20:00h Celebración do Día Internacional dos Museos 2024 Conmemoración ao longo de varias xornadas con diferentes propostas
O Museo Etnolóxico de Ribadavia presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural.
O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar o público sobre o feito de que «os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos».
Dentro da programación, e para subliñar este obxectivo, ten un importante papel a relación establecida xa hai un ano cun dos museos ucraínos.
Esta é a programación pormenorizada:
- 10 de maio, venres. 20;00 h: Concerto: The followings.
- 15 de maio, mércores. 11:00 h: "O poder dos museos" Exposición e conexión co Museo Nacional de Artes decorativas de Kíiv
A Pintura Petrykivka no Museo Etnolóxico. Apertura ao público no Museo Etnolóxico da mostra que, procedente do Museo Nacional de Artes Decorativas de Kíiv, está formada por reproducións de obras da pintura Petrykivka (declarada pola UNESCO, patrimonio inmaterial da humanidade).
Este mesmo día tamén se presenta "A colección de pintura abrente no Museo Nacional de Artes Decorativas de Kíiv", mostra que, procedente do Museo Etnolóxico está formada por reproducións dalgunhas obras da colección de pintura Abrente.
- 17 de maio, venres. RAIGAME: Presenza do Museo na Romaría etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes
- 23 de maio, xoves: 19:30h Conferencia de Lourenzo Fernandez Prieto, "25 de Abril 1974: esperanza galega, envexa española". Charla ao redor do 25 de abril no 50 aniversario.
- 25 de maio, sábado: Con saída ás 9:30 da mañá, Visita Día Internacional dos Museos ao MUVICLA (Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria) en Láncara, Lugo; e á Domus do Mitreo (Domus dun centurión romano). Museo Universitario (Lugo) Insrición ata o día 20 de maio no teléfono do Museo Etnolóxico: 988 78 87 20 ou no mail: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal