18 de maio - 12:00h Tecer recursos Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024
Para nenos e nenas de 6 a 10 anos acompañados dun adulto. A partir do lema deste ano, Museos pola educación e a investigación, e tendo en conta que este ano o Día Internacional dos Museos apóiase no noveno obxectivo de Desenvolvemento Sostible: Industria, Innovación e Infraestrutura (Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sostible, e fomentar a innovación), o obradoiro centrarase na industrialización a través dos materiais e os obxectos reproducidos nos cadros.
Para máis información e inscrición, premer aquí.