Skip to main content

En busca do tesouro

20 de xullo - 12:00h En busca do tesouro Obradoiros de verán no Museo Massó

Obradoiro infantil, a partir de 6 anos.

A partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes terán que encontrar as diferentes partes dun quebracabezas, coma se dun tesouro se tratara. A ruta do mapa centrarase na primeira volta ao mundo e os motivos comerciais que a impulsaron.

O obradoiro terá entre unha hora e hora e media de duración.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.