8 de xullo - 12:00h Os tesouros do galeón afundido Unha achega á arqueoloxía subacuática
Dirixido a nenas e nenos a partir de seis anos. Trátase dun obradoiro desenvolvido dentro da iniciativa de educación sobre o patrimonio cultural subacuático que leva a cabo o Museo.
Proponse unha actividade lúdica desenvolvida dende a liña do descubrimento e o xogo para coñecer en que consiste o traballo da arqueoloxía subacuática dende a exploración dos fondos mariños ata a interpretación dos restos e formulación de hipóteses.
O obxectivo deste obradoiro é sensibilizar xa á xente máis nova sobre o valor cultural do patrimonio arqueolóxico somerxido.
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.