Skip to main content

Obradoiros de verán: o canto das baleas

6 de xullo - 12:00h Obradoiros de verán: o canto das baleas Obradoiro para aproximar á xente máis pequena ao respecto polo mar

O Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente á infancia e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural.

Neste caso, proponse un obradoiro didáctico con recursos audiovisuais centrado nas baleas dende o punto de vista da súa tipoloxía e das súas características como mamíferos mariños.

Actividade dirixida a nenas e nenos de 4 a 6 anos.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.