Skip to main content

Peza do mes: ONCE PUNTAS DE FRECHA DO TÚMULO M5 DE OUTEIRO DE CAVALADRE (MUÍÑOS, OURENSE)

10 de maio - 20:00h Peza do mes: ONCE PUNTAS DE FRECHA DO TÚMULO M5 DE OUTEIRO DE CAVALADRE (MUÍÑOS, OURENSE) Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 10 de maio ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de José Mª Eguileta Franco.

O Outeiro de Cavaladre, lugar situado no val de Salas, acolle unha necrópole formada por catorce monumentos megalíticos.

No monumento, entre outros materiais, destacamos as once puntas de frecha que descubrimos durante a escavación. Nesta Peza do mes estudiamos as características deste destacado grupo de artefactos que formaba parte da ofrenda funeraria, ben como enxoval, ben como parte dunha ofrenda fundacional.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode ver máis información nun estudio, neste caso, a cargo de Ana María Malingre Rodríguez.