Skip to main content

Picasso a través do cinema

Do 25 de abril ao 30 de maio do 2023 - 19:30h Picasso a través do cinema Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Martes 25 de abril; 2, 9, 16 e 30 de maio

Hora: 19:30 h

Tipo: cinema

Público: Xeral

Prazas: Ata completar aforo

Prezo: De balde

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

O cinema foi moi xeneroso co xenio malagueño, pois existe unha amplísima nómina de películas e documentais que ilustran non só a súa vida, en termos biográficos, senón tamén o decurso revolucionario e diacrónico da súa obra artística.

Para este ciclo proponse unha selección de ambos formatos, filmes e documentais, que nos permitirán coñecer ao artista que mellor definiu o século XX en termos estéticos.

Entrada libre ata completar aforo

Programa

25 de abril

Guernica (Francia, 1951), de Robert Hessens e Alain Resnais

Picasso (Italia, 1954), de Luciano Emmer

2 de maio

O misterio Picasso (Francia, 1956), de Henri George-Clouzot

9 de maio

O testamento de Orfeo (Francia, 1960), de Jean Cocteau

16 de maio

Pablo Picasso peintre (Francia-España, 1981), de Frédéric Rossif

23 de maio

As aventuras de Picasso (Suecia, 1978), de Tage Danielsson

30 de maio

Picasso (Francia, Irlanda, Países Bajos, España, 1987), de Didier Baussy

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/actividades/picasso-traves-do-cinema