Skip to main content

Peza do mes: DEBUXO DUNHA MARISCADORA. JOAQUÍN ARAUJO Y RUANO".

8 de marzo - 20:00h Peza do mes: DEBUXO DUNHA MARISCADORA. JOAQUÍN ARAUJO Y RUANO". Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 8 de marzo ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez, técnica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

O debuxo foi realizado por Joaquín Araujo y Ruano no verán de 1887 nunha das viaxes máis proveitosas da súa carreira, que o levou por Astorga e boa parte de Galicia. En Vigo descubriu un dos motivos máis inspiradores para as súas obras: as mariscadoras da ría. Nos seus apuntamentos recolleu diferentes momentos do traballo destas mulleres, as suas roupas, utensilios e as pequenas embarcacións á beira do mar.

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode ver máis información nun estudio, neste caso, a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez, técnica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.