Skip to main content

Presentación da nova guía do Museo de Belas Artes da Coruña

14 de decembro - 17:30h Presentación da nova guía do Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña publica a súa guía, respondendo á súa vocación cultural e de servizo público, co obxectivo de dar a coñecer ao público a colección que atesora.

Tras un importante e rigoroso traballo, dirixido pola Dirección e desenvolvido polo Equipo Técnico do Museo, a guía recolle e pon en valor un gran número de pezas, documentadas e explicadas, que fan da mesma unha ferramenta fundamental para comprender non só o significado de cada unha delas, senón tamén a súa historia.