Skip to main content

Política sentimental

21 de decembro - 18:00h Política sentimental Celebración do ano de María Casares

O mércores 21 de decembro acolleremos a representación da obra de teatro 'Políticas sentimentales', que recrea un encontro entre María Casares e Albert Camus.

Da man do Centro Dramático Galego e baixo a dirección de Javier Villán, a obra será interpretada polos actores Sabela Hermida e Germán Torres.

Con este último acto péchanse no museo as actividades organizadas pola Xunta de Galicia con motivo da celebración do Ano María Casares.