Skip to main content

Carabela A Pinta

Do 21 de novembro ao 31 de decembro do 2022 - 10:00h Carabela A Pinta Experiencia de realidade inmersiva

A Casa da Navegación de Baiona ven de poñer en marcha unha actividade para favorecer o acceso á réplica da Carabela A Pinta das persoas con limitación de movemento, consistente nunha experiencia de realidade inmersiva cunha duración máxima de 15 minutos. É posible seleccionar o idioma (galego, castelán , inglés).

No horario habitual, de martes a sábado, entre 10:00 - 13:00 horas e 16:00 - 19:00 horas.

Recoméndase reservar visita no número 986 356 688.

A actividade forma parte do proxecto EXPLORATERRA para a valorización e promoción do patrimonio cultural vencellado á I Circunnavegación e as Expedicións Marítimas Xeográficas Peninsulares. Neste proxecto participan:

Agencia Andaluza de Instituciones Culturales de la Junta de Andalucía.

Associação Portuguesa de Treino de Vela (APORVELA)

Entidade Regional de Turismo do Algarve.

Axencia Turismo de Galicia