Skip to main content

Guía animada da exposición “Camiño de papel e estrelas”

Do 5 de agosto ao 31 de decembro do 2022 - 10:00h Guía animada da exposición “Camiño de papel e estrelas” Animación da exposición do mesmo nome

O Museo Massó inaugurou no mes de xullo a exposición “Camiño de papel e estrelas”, enmarcada dentro da celebración do Ano Xacobeo 2022.

Realiza un percorrido cartográfico polo roteiro marítimo da lenda da Translatio do corpo do apóstolo Santiago desde Palestina a Padrón. O Museo, no seu blog, ven de facer accesible este percorrido cunha animación, na que se pode navegar sobre os mapas e atracar nalgúns dos portos que xurdiron ao longo deste roteiro. Animámosvos a entrar nesta ligazón e “navegar” polos camiños de papel nunha bonita animación na que os elementos tamén “peregrinan”.