Skip to main content

Guía animada da exposición “Camiño de papel e estrelas”

Guía animada da exposición “Camiño de papel e estrelas”

Guía animada da exposición “Camiño de papel e estrelas”

O Museo Massó inaugurou no mes de xullo a exposición “Camiño de papel e estrelas”, enmarcada dentro da celebración do Ano Xacobeo 2022. Realiza un percorrido cartográfico polo roteiro marítimo da lenda da Translatio do corpo do apóstolo Santiago desde Palestina a Padrón.

O museo, no seu blog, vén de facer accesible este percorrido cunha animación, na que se pode navegar sobre os mapas e atracar nalgúns dos portos que xurdiron ao longo deste roteiro. Animámosvos a entrar nesta ligazón e “navegar” polos camiños de papel nunha bonita animación na que os elementos tamén “peregrinan”.