Skip to main content

Atando cabos. Nós mariñeiros

6 de agosto - 12:00h Atando cabos. Nós mariñeiros Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizada no Museo Massó.

Dirixido a nenas e nenos de oito a doce anos (acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito  e Ballestrinque.

Explicarase a súa orixe e aplicación, e elaborarase un pequeno cadro de nós. 

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición  e gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.