Skip to main content

Ancestros tecnolóxicos

Ancestros tecnolóxicos

Ancestros tecnolóxicos

A exposición pretende recoller a evolución tecnolóxica a través dunha escolma de pezas organizadas en cinco ámbitos representativos:

  • O doméstico: da ampla produción de enxoval exhíbense batedores, picadoras ou reladores.
  • O traballo: o auxe das tarefas administrativas determina a elección das máquinas de escribir.
  • Os medios de comunicación: teléfono, radio e televisión marcan unha revolución mudando hábitos e formas de relacionarse.
  • O ocio: o consumo da música mudou cos gramófonos, tocadiscos e radios pasando, estas, de ser un medio de comunicación a selo de lecer.
  • A arte: representada pola fotografía e os aparellos que acompañaron ao ser humano no seu devezo por conxelar o tempo.