Skip to main content

Convite ao avecer

Convite ao avecer

Convite ao avecer

Investigación e creación de Nuria Ferreiro arredor da etnomedicina. A artista establece unha relación directa entre distintos campos de coñecemento como o son a etnografía, a antropoloxía e a arte contemporánea.

“O eixo de interese persoal radica no tema da etnomedicina, xa que, un exemplo de bens intanxibles que urxe conservar son os ensalmos que se empregan en ritos favorecedores ou propiciatorios e que son transmitidos oralmente de xeración en xeración. Os vencellos persoais que como autora me unen a estes textos teñen que ver coa miña nai Rosa, a miña avoa Celia e a miña bisavoa Alicia, pois o meu contacto con este particular mundo é a través delas”.

Os resultados artísticos sitúanse no ámbito da instalación e os materiais empregados, ademais de ser na súa maioría elementos cotiás que se empregan xunto coas verbas, funcionan como un nexo común entre as distintas obras .