Skip to main content

Buxainas e asubíos

Buxainas e asubíos

Buxainas e asubíos

Colección de Patuxa Limón, mestra de Educación Primaria e profesora de audición e linguaxe. Utilizaba os xoguetes como apoio para ensinar. "Aprender a enrolar o cordel e lanzar o trompo era unha aprendizaxe longa e laboriosa que levaba un tempo e xeraba competición entre nós. Polo que dedicarlle tempo a adestrar e mellorar a destreza era importante...

O meu traballo escolar como mestra sempre estivo ligado á literatura de tradición oral, as lerias e enredos para xogar, e foi a través deles e das propostas de recuperación dos xogos e xoguetes populares como retomei os trompos. Paralelamente á colección dos trompos fun facendo a das buxainas, para min bailarinas, máis sinxelas de bailar xa que non precisan vestirse co cordel".