Skip to main content

Marxes Fílmicas: Vietnam

Do 4 de xullo ao 12 de xullo do 2022 - 22:00h Marxes Fílmicas: Vietnam Achegamento a outras realidades cinematográficas

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo, con quen se iniciou en 2012 este ciclo, continúa no 2022, de novo grazas á súa selección, xestión e proxección dentro dunha realidade especial. A selección realizada, busca un achegamento a outras realidades cinematográficas. Este ano, miradas antropolóxicas e etnográficas do Vietnam.

As proxeccións serán no patio do museo ás 22:00 h., coa entrada libre ata completar o aforo.

Os filmes que se proxectarán son os seguintes:

- sábado 4 de xullo: Tres estacións. (Tony Bui, 1999. 100 min.). Gran premio do xurado no Sundance.

A vida de varias persoas transcorre nun Vietnam no que contrastan a convivencia das tradicións e as influenzas occidentais.

- domingo 5 de xullo: Pleno verán (Tran Anh Hung, 2000. 112 min.)

Tres irmáns novas viven e traballan xuntas. Durante un verán, as súas relacións, a necesidade de emanciparse e os seus sentimentos máis escondidos aflorarán co aniversario da morte da súa nai.

- sábado 11 de xullo: O cheiro da papaia verde (Tran Anh Hung, 1999. 103 min.)

A historia de Mui, unha nena que chega á cidade para traballar de criada nunha casa.

- domingo 12 de xullo: A terceira esposa (Asheigh Mayfair, 2018. 96 min.)

May, unha moza de catorce anos e os seus problemas cando con esa idade anos se converte na terceira esposa dun rico terratenente rural no Vietnam do século XIX.