Skip to main content

Massomakion

9 de xullo - 12:00h Massomakion Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Deseño con tangram.

O MassoMakion é unha versión do quebracabezas máis antigo que coñecemos, o Stomakion, que foi ideado no século III antes da nosa Era por Arquímedes de Siracusa.

No MassoMakion proponse un xogo a partir dos deseños das latas da empresa Massó e as formas xeométricas. Pódense construír ata catro deseños diferentes coas pezas do tagram.