Skip to main content

Esta ría é un choio

2 de xullo - 12:00h Esta ría é un choio Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Con esta actividade preténdese dar a coñecer distintos aspectos da vida na ría.

O contido céntrase na vida dos ecosistemas das Rías Baixas a través de especies representativas vinculadas coa colección do museo. Dase a coñecer a flora e fauna presente na ría, así como especies foráneas que non habitan nese ecosistema pero teñen un estreito vínculo con Massó.

Por outra banda, faise fincapé na concienciación do coidado medioambiental a través da reciclaxe.