Skip to main content

Emilia Pardo Bazán

25 de abril - 18:00h Emilia Pardo Bazán Presentación da banda deseñada e da exposición dos debuxos orixinais

A banda deseñada Emilia Pardo Bazán viu a luz na colección Biografías en viñetas froito da colaboración de Alicia Palmer, guionista doutros títulos de banda deseñada cunha clara perspectiva de xénero como Hombres feministas ou Una mujer, un voto, e Weronika Hańczyc, quen asumiu o reto de ilustrar a vida de Pardo Bazán tras colaborar nos libros Intraterra e Infiniteca.

Do proceso de xestación e edición do volume, publicado por Cascaborra Ediciones en 2021 co gallo do centenario do pasamento da escritora, falarán ambas as autoras na inauguración da mostra, que terá lugar o luns 25 de abril ás 18:00 horas na rúa Tabernas, 11 da Coruña. A entrada é libre.