Skip to main content

A materialidade da fe

Do 4 de abril ao 26 de abril do 2022 - 10:30h A materialidade da fe IX concurso de fotografía do Museo Liste de Vigo

Convocado para conmemorar o Día Internacional dos Museos (18 de maio). A proposta temática deste ano é “A Materialidade da fe”. O museo acolle unha sala que atendendo a este nome plasma as expresións materiais dunha espiritualidade que mestura relixión e superstición e que se materializa en exvotos, petos de esmolas, de ánimas, misais, reclinatorios e outras pezas que nos remiten a momentos, rituais e cerimonias tan ancestrais como vixentes.

IX concurso de fotografía do Museo Liste de Vigo