Skip to main content

AS MULLERES E O TRABALLO DO MAR EN TERRA

Do 8 de marzo ao 31 de marzo do 2022 - 09:00h AS MULLERES E O TRABALLO DO MAR EN TERRA 8 de marzo día da muller

Vídeo cunha selección de imaxes do seu arquivo fotográfico que ilustra o traballo das mulleres. Froito dunha análise patriarcal antropocéntrica determinouse que as tarefas valoradas son as que fan os homes e as que fan as mulleres son traballos secundarios e complementarios.

No sector pesqueiro tradicional mantense a separación arcaica que supón que os labores de extracción a flote atribúense aos homes e as que se desenvolven en terra ás mulleres.

A súa presenza é ínfima na extracción de embarque e entre os armadores. Intermedia na acuicultura (bateeiras) e no equipo técnico biolóxico.

Maioritaria no marisqueo, en reparación de redes, comercialización e na industria conserveira.

Na actualidade, as últimas enquisas europeas sobre as condicións do traballo, poñen de manifesto  que as mulleres en maior proporción que os homes: levan a cabo tarefas monótonas, obteñen salarios inferiores, teñen menos oportunidades de participar na planificación do seu propio traballo e contan con menos expectativas de promoción profesional.

Na actualidade e a nivel de todo o Estado, as mulleres galegas afiliadas ao Réxime especial do Mar constitúen o 67% delas seguidas en segundo lugar polas mulleres vascas.