Do 4 de marzo ao 6 de marzo do 2022 - 11:00h Visitas comentadas Arribada 2022
Esta fin de semana,nos días 4, 5 e 6 celebramos a Festa da Arribada 2022, que volve logo da pandemia.
A Casa da Navegación participa no evento con visitas comentadas nos días 4 ao 6, para grupos de mínimo 8 persoas, ás 11:00 e ás 18:00 cada día. É necesario inscribirse previamente no teléfono 986 356688 ou no enderezo electrónico: casa.navegacion@baiona.gal
Vestirse de época ten premio: as persoas que nos visiten vestindo atuendo de época, terán entrada de balde.