Skip to main content

Presentación do informe "Los museos españoles ante la pandemia de COVID-19"

Presentación do informe "Los museos españoles ante la pandemia de COVID-19"

Logo do OME

No ano 2020 as institucións museísticas, xunto co resto da sociedade, fixéronlle fronte a unha etapa de enorme transcendencia marcada pola crise sanitaria, cuxa consecuencia máis directa foi o peche temporal das institucións e a incerteza sobre a reapertura.

A Subdirección de Museos Estatais vén de facer público o estudo “Los museos españoles ante la pandemia de COVID-19”, realizado a través do Observatorio de Museos de España (OME). No Observatorio, que está formado por representantes de todas as comunidades autónomas, Galicia participa de forma permanente no Consello Asesor a través do Servizo de Museos da Secretaría Xeral de Cultura.

Para esta análise participaron museos de todas as comunidades e cidades autónomas, cunha representación equivalente á porcentaxe de museos por cada comunidade respecto ao resto do territorio, polo que a Galicia lle correspondeu participar cunha escolma de vinte museos proposta polo Servizo de Museos.

O estudo quixo explorar as estratexias despregadas polos museos durante o período de peche en 2020 e tras a súa reapertura. Este é un primeiro avance que, dun xeito moi visual, presenta os resultados que dan conta do impacto sufrido, pero tamén da resiliencia mostrada por un sector profundamente comprometido coas funcións que fundamentan a existencia dun museo e co público co que contan. Máis adiante publicarase o informe completo.

Entre as diferentes conclusións que se obteñen podería destacarse unha, a modo de exemplo, que achega esperanza tras as dificultades ás que se está facendo fronte: “Los museos en España, mayoritariamente medianos o pequeños en cuanto a visitas anuales, conforman una red capaz de trabajar en condiciones adversas. Durante el cierre, los trabajos de preservación e investigación del patrimonio siguieron adelante, y se dio gran impulso a la conexión digital con el público”.

O estudo comprende o período comprendido entre marzo e novembro de 2020 e sae ao público coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos 2021.