A restauración no museo. Criterios e intervencións
Por medio de vinte esculturas de madeira policromada, un retablo e un táboa pintada cunha crucifixión atribuída a Ambrosius Benso, a exposición achega á sociedade unha das facianas menos coñecidas do traballo que ten lugar nun museo, facendo visible o cometido dos profesionais que o levan a cabo.
As pezas que ilustran os diferentes procesos de conservación e restauración forman parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e foron seleccionadas atendendo a criterios obxectivos de estado de conservación, valoración histórico-artística, necesidade da súa presentación pública etc.