Skip to main content

Simplemente Santiago Debuxos de Santiago feitos polo ilustrador Joaquín González Dorao para as súas guías de viaxe

Cartel da exposición

Co gallo da inauguración no Museo do IV Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, presentouse esta exposición, "Simplemente Santiago", con debuxos de Joaquín González Dorao.

O ilustrador gaditano presenta nesta mostra de orixinais unha recompilación de debuxos de Santiago, tras máis de seis anos de traballo para a súa colección de guías ilustradas. A catedral, as igrexas, os parques, os peregrinos, os museos, os bares, a vida de rúa... un Santiago diferente e completo.