Skip to main content

Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas

Por primeira vez, o público poderá ver en persoa o manuscrito no que Martín Códax escribiu as súas sete cantigas de amigo, que inclúe tamén a melodía de seis delas. Esta xoia da lírica medieval galego-portuguesa dialoga na exposición con pezas históricas que explican a sociedade, a estrutura de poderes e a vida cotiá da época das cantigas, así como con obras contemporáneas nacidas baixo a inspiración deste mundo poético e do propio mar de Vigo.

En total, máis de 50 pezas conforman esta mostra única, promovida pola Consellería de Cultura e Educación e pola Universidade de Vigo, baixo o comisariado de Francisco Singul.