Skip to main content

Do 3 de setembro do 2021 ao 30 de agosto do 2022 - 12:00h Imaxes do viño en Galicia: etiquetas do viño galego Evolución histórica do deseño de marca dos viños galegos

imaxe da exposición

Esta mostra supón unha homenaxe á etiqueta do viño, como un ben documental que nos aporta información relevante sobre o propio contido das botellas pero tamén sobre o público ao que ía destinado e incluso os gustos estéticos de cada momento.

A exposición nace dunha análise da evolución histórica do deseño de marca dos viños galegos durante os últimos cincuenta anos, que impulsa un programa de investigación con vocación de ampliación. Comisariada por Milena Cortés, abrangue máis duascentas botellas e etiquetas de viños das cinco denominacións de orixe galegas. Entre outras curiosidades que se poden contemplar na mostra, atopamos a colección completa de Amadeus, promovida pola Cooperativa do Ribeiro desde os anos 90, nas que artistas galegos esgrafiaron edicións limitadas de botellas coas súas obras; as botellas orixinais dos viños da Cooperativa de Monterrei, ou o da botella de Sameirás, un ribeiro que reproduce a imaxe do edificio da reitoral de Santo André, sede do Museo do Viño de Galicia.

Case seguindo co espírito das etiquetas dos viños, que acostuman a mudar co pasos dos anos, nesta exposición iranse cambiando as pezas expostas periodicamente co obxectivo de amosar a variedade da colección.