Skip to main content

Evolución en clave de xénero

Cartel da exposición

Exposición itinerante producida polo Centro Nacional de Investigación sobre Evolución Humana.

Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que é a segunda exposición itinerante producida pola Unidad de Cultura Científica e Innovación (UCC+i) do CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana). Trátase dunha proposta didáctica ampla, discutible e contestataria ao discurso tradicional sobre a evolución humana coa que se pretende colaborar na difusión dunha ciencia veraz e inclusiva, que no posible transcenda etnocentrismos e prexuízos.

O obxectivo é mostrar unha realidade evolutiva na que a reprodución e a supervivencia son os puntos focais para o éxito da especie, un éxito colectivo no que ambos sexos se complementan e no que a tribo sostén aos seus individuos.

A través das láminas elaboradas polo ilustrador científico Eduardo Saiz Alonso, a exposición busca cuestionar estereotipos e ofrecer novos retos ao gran público.

Os comisarios científicos da exposición son José Mª Bermúdez de Castro Risueño (coordinador do Programa de Paleobioloxía de Homínidos do CENIEH e codirector dos xacementos arqueolóxicos de Atapuerca), Joseba Rios Garaizar (arqueólogo e investigador xestor de coleccións líticas do CENIEH) e María Amor Barros del Río (directora da Unidade de Cultura Científica e Innovación do CENIEH - Universidade de Burgos).

A exposición consta de 44 paneis de diferentes tamaños con imaxes e textos. Complementase cun catálogo que o público pode consultar na sala, e un vídeo no que o ilustrador científico Eduardo Saiz Alonso explica o proceso de creación das láminas da exposición. Eduardo Saiz, ilustrador gráfico burgalés, que dende 2007 está vinculado a Burgos grazas ao Proxecto de Atapuerca, formando parte tamén do CENIEH. Moitos dos seus debuxos poden verse nas salas do Museo de la Evolución Humana (MEH) en Burgos.

O horario é de martes a domingo de 10.00 h a 20.00 h.