Skip to main content

Colección de arte Abrente (III)

Con esta mostra, composta por un total de 25 obras de autores/as coma Xosé Conde Corbal, Félix Cuadrado, José Manuel Vidal Souto, José Luis González Loureiro, Alberto Datas Panero, Mercedes Ruibal Argibay ou Isaac Díaz Pardo, a comisaria Sabela Fraga completa o conxunto de exposicións que visibiliza e homenaxea o labor do Grupo Abrente, unha agrupación que, centrada na colaboración entre artistas, escritores e intelectuais, materializouse nunha colección plástica que reflicte as novas inquietudes artísticas da década dos 70 en Galicia.

A mostra permanecerá aberta de martes a sábado das 10:00 ás 20:00 h (agás festivos). Tamén está á venda o catálogo que recolle o traballo de investigación vinculado ás tres exposicións da "Colección de arte Abrente".