Do 11 de marzo ao 21 de marzo do 2020 Camiño ComPostal

Museum of Pilgrimage and Santiago

Mostra sobre a representación do Camiño nas postais históricas.

A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) presenta no museo unha pequena exposición con postais antigas que recollen motivos relacionados co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. Comisariada por José M. Salgado, encádrase dentro do programa O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia.

Chega así a Santiago a mostra itinerante Camiño ComPostal, que fixo o seu particular Camiño de Santiago tras ser exhibida nos puntos significativos do Camiño Francés, como Triacastela, Palas de Rei, Samos, O Pino, Sarria, Arzúa, Paradela, Melide, Portomarín e, por fin, Santiago de Compostela.

Tal como explicou o seu comisario cando comezou a mostra, “Camiño ComPostal se concibe como una especie de reportaje fotográfico del Camino Francés. Buscaba contar una historia a través de imágenes”. José M. Salgado encargouse, durante anos, de recompilar todo tipo de postais relacionadas co Camiño Francés e motivos xacobeos, dando lugar a esta colección atípica que supón un documento de valor incalculable, ao ser as primeiras fotos que se divulgaron do Camiño de Santiago. Non se trata dunha colección típica, senón dunha recompilación de documentos gráficos dotados de valores históricos, informativos e estéticos porque é de destacar que as postais fotográficas, que experimentaron un boom a principios do século XX, convertéronse en pequenas ventás á realidade.