Skip to main content

Bleda y Rosa Xeografía do tempo

Campos de batalla

Comisariada por Nuria Enguita, Bleda y Rosa. Xeografía do tempo reúne vinte e cinco anos do traballo fotográfico de María Bleda (Castellón, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970). A mostra articúlase arredor da serie "Campos de batalla", un proxecto iniciado en 1994 e finalizado recentemente mostrado ao público ao completo por primeira vez.  

Bleda y Rosa, que recibiron en 2008 o Premio Nacional de Fotografía outorgado polo Ministerio de Cultura de España, son unha das referencias máis destacadas da fotografía española contemporánea.