This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Instrumental clínico

Forma parte do mobiliario da antiga clínica que se puido recuperar, pertencente á propia conserveira. O instrumental médico resulta relevante xa que a clínica se situaba nunha dependencia das propias naves de produción. A asistencia médica na propia fábrica foi unha das medidas innovadoras que os propietarios da fábrica introduciron a principios do século XX., ao principio cun médico e despois coa incorporación de persoal auxiliar. Como a maioría das empregadas eran mulleres, moitas delas traballaban durante os embarazos practicamente ata o momento de dar a luz, porque sabían que na clínica podían recibir asistencia no momento do parto.

Dimensións:
 
Material/Soporte:
 
Contexto Cultural:
 
Autor: