This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Copa Nautilus

Cuncha aproveitada para formar unha copa

Nautilus pompilius é unha especie de molusco cefalópodo da familia Nautilidae; é a especie máis coñecida de náutilo. Son propias das costas do indo-pacífico. A mediados do século XVI chamaron a atención dos viaxeiros e comerciantes que se aventuraban nas novas rutas marítimas e trouxéronas a Europa como exemplares curiosos. Pronto empezaron a popularizarse entre as clases sociais máis acomodadas estas copas, formadas por cunchas de náutilo sobre pé e gornición de prata, como copas de cerimonia ou como elemento decorativo. Era frecuente encontralas nas "cámaras de marabillas", dende onde pasaron a formar parte das coleccións de moitos museos e coleccións privadas.

Dimensións:
17,5 x 15,5 x 8,2 cm.
Material/Soporte:
Cuncha, metal
Contexto Cultural:
 
Autor: