This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Globo terráqueo de peto

Pequena esfera representando o globo terráqueo. O estoxo contén unha representación da cúpula celeste coas constelacións.

Na esfera terrestre incorporouse unha modificación sobre as illas Sandwich (Hawai) con posterioridade ao ano de realización da matriz de impresión, para deixar constancia coa frase "aquí asasinaron a James Cook" da morte do mariño e explorador inglés en 1779. Este tipo de globos puxéronse de moda entre a alta sociedade inglesa no século XIX.

Dimensións:
8,5 cm. (diámetro)
Material/Soporte:
Papel maché, madeira, escaiola e latón
Contexto Cultural:
Moderna. 1776
Autor:
Taller de Nicolás Lane (Londres)