This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Pistola para o abordaxe

Pistola con baioneta.

Estas pistolas incorporan unha pequena baioneta que se desprega para utilizala durante os enfrontamentos corpo a corpo nas abordaxes. A baioneta, de pequenas dimensións, debía cravarse nun ollo ou no corazón do contrincante para causar un dano inmediato. Este modelo foi empregado na Batalla de Trafalgar e trátase polo tanto dunha arma anterior ás décadas de 1820-30 cando se produce un cambio substancial no armamento.

Dimensións:
45 cm.
Material/Soporte:
Ferro, madeira/ Fundición
Contexto Cultural:
Contemporánea (finais século XVIII - principios século XIX)
Autor:
Armería Usatorre de Eibar (Guipúzcoa)