Pechar

Pedra litográfica

Matriz litográfica para a estampación de pranchas de folla de lata para a confección de latas da conserveira Massó.

Para a fabricación dos envases das conservas, as pranchas de lata eran sometidas a un proceso de estampación polo que quedaba imprimida a información, baseándose sempre nun significativo traballo de deseño previo; nun principio, a estampación realizábase con estas pedras calcáreas, matrices de elaboración previa moi complexa. "La Artística" de Vigo foi fundada en 1906 para a construción e litografado de envases para as conserveiras, e acabará situándose á cabeza do sector en toda España. Xeralmente as conserveiras adquirían os envases xa elaborados. A fábrica de Massó dispoñía do seu propio taller para elaborar latas a partir das pranchas de lata -procedentes de Alemaña ou Inglaterra- que eran estampadas en "La Artística" de Vigo, nun proceso de elaboración que incluía o emprego destas matrices litográficas.

Dimensións:
33 x 43 x 7 cm.
Material/Soporte:
Pedra calcárea/ Litografía
Contexto Cultural:
Contemporánea (1930-1959)
Autor:
La Artística (Vigo)