Pechar

La Cosmographia

Trátase dunha obra baseada na concepción astronómica de Ptolomeo, que contén nocións de astronomía, xeografía, topografía, navegación, meteoroloxía, cartografía e instrumentos matemáticos.

As cosmografías son libros ilustrados e con mapas que agrupaban coñecementos astronómicos, de historia e de ciencias. A do matemático e astrónomo Apianus foi unha das primeiras e máis populares. Pedro Apiano conseguiu o recoñecemento dos seus coetáneos tras a publicación desta obra, imprimida por primeira vez en 1524. Este foi o primeiro traballo en suxerir o uso das distancias lunares para medir a lonxitude, e foi a base usada por todos os matemáticos e xeógrafos nos seguintes 100 anos. O impresor do exemplar conservado no Museo Massó, Gregorio de Bonte, realizou na súa imprenta de Amberes numerosas edicións desta .

Dimensións:
22 x 17 x 2 cm.
Material/Soporte:
Papel / Impresión (Gregorio de Bonte, Amberes, impresor. Ioan Bellero, editor)
Contexto Cultural:
Moderna. 1575
Autor:
Apiano, Pedro de