Pechar

Nova et integra universi orbis descriptio

Neste mapa aparece por primeira vez o continente da Antártida (Terra Australis). Oronce Finé foi un coñecido matemático e cartógrafo francés do século XVI entusiasta da obra de Ptolomeo. Escribiu diversos tratados sobre instrumentos astronómicos e inventou unha proxección cartográfica que foi empregada por outros cartógrafos como Gerardus Mercator e Petrus Apianus.

Dimensións:
42 x 29 cm.
Material/Soporte:
Calcografía / Acuarela
Contexto Cultural:
Moderna. 1531
Autor:
Oronce Finé